Sistema de Retención Infantil

Este é un tema que me trouxo de cabeza longo tempo, e me seguirá traendo de cabeza longo tempo xa que so estou informada en condición de usuaria de grupo0/1, polo tanto só falarei destes grupos, porque ata aí chegou a miña borracheira de pescudas, e iso que comecei coa normativa anterior, cando se supuña que non había incerteza lexislativa. Aclarar que o Grupo 0 é dende os 0Kg ata os 10Kg (os portabebes dos tríos soen cubrir este tramo), Grupo 0+ é dende os 0Kg ata os 13Kg e Grupo 1 dende os 9Kg ata os 18Kg, se supón que van a publicar un regulamento onde tamén va a influír a talla, pero de momento non o hai, salvo a indicación de que cando a cabeza sobresaia do S.R.I. tense que cambiar a un grupo superior. Un comentario obrigado dende a miña transparencia é lembrar a todo@s que un coche é unha arma coa que nos poden matar ou podemos matar e isto non o podemos esquecer nunca, polo tanto se en algo é importante investir en seguridade para os nosos fill@s, inclusive máis relevante se cabe é en seguridade dentro do coche. Polo que os suxiro que o prezo se podedes neste caso non sexa un factor decisorio. Por onde comezar? Pois pola web da DGT, que ademais de conter a normativa ten múltiples resumos en forma de vídeo ou “folletos”, un blog moi interesante é http://retensioninfantil.blogspot.com.es/) a min tamén me gusta consultar na web da RACE (http://www.race.es/ ). En Vigo (no resto do mundo non sei) temos a sortedentro dos cursos de maternidade impartidos polas matronas nos centros de saúde, tamén en Fatima, hai incluída unha charla informativa a cargo da policía local sobre este tema, onde podemos preguntar tódalas nosas dubidas. Por outra banda están as tendas de puericultura, nesto senso podo afirmar que e en Pierino (http://www.pierinobebe.com/es/) están actualizados é en contacto coa policía local para poder informarnos en condiciones sobre este tema e teñen tódalas marcas destacadas con modelos a contraa  marcha (BeSafe, Klippan, Römer, Cybex, Concord) eu teño que dar as grazas a Lucia e Alejandra de Pierino polas vinte mil preguntas e voltas que lle din o tema e sempre intentaron contestarme o mellor posible e cun sorriso, ata que decidimos o S.R.I. que mellor se adaptaba as nosas necesidades. Tamén dar aquí as grazas os padriños de Xulia que lle agasallaron có seu S.R.I. En fin todo isto e non comecei a dicir nada sobre os S.R.I. de grupo 0/1 así que imos a elo, e o vou intentar simplificar o máximo posible, xa que recoñezo que eu rematei moi desorientada polo exceso de información:

  1. Mellor canto máis tempo a CONTRAMARCHA, dubidas có espazo, sexa cal sexa o modelo de cadeira vai chegar un momento que @ nen@ vai ir cós xeonllos encollidos, e claro está que é mellor romper un xeonllo que a cachola, a columna ou órganos internos. No grupo 0 é obrigatorio e no 1 aconsellable.
  2. As seiras non son un sistema óptimo de retención, só se recomendan se é necesario por motivos médicos que @ bebe vaia tumbad@
  3. Comprobar se o coche é compatible con sistema Isofix ou non, e có do S.R.I. concreto.
  4. O S.R.I. ten que estar perfectamente colocado e ancorado antes de sentar @ cativ@
  5. Probar ou medir o espazo máximo que nos permite o noso coche, ou o que é o mesmo sentarnos no asento de diante e no do condutor e polos en unha posición que nos permita empregar ambos asentos e medir o espazo que queda dende o asento de atrás o punto máis próximo do asento dianteiro, xa que este e o espazo máximo que pode empregar o S.R.I. (por moito que poidamos afastar o S.R.I. para darlle sitio as pernas d@ pequen@, o máximo sempre será ata tocar o asento dianteiro, é máis se é o do condutor, cousa que hai que ter en conta se pensamos ter dous cativ@s que coincidan en tempo con S.R.I. grupo 0/1)
  6. Os grupos 0+ e 1 teñen que ir sempre nos asentos traseiros. A miña dubida é que pasa se o teu coche non ten cintos traseiros. O grupo 0 pode ir no dianteiro có airbag desconectado pero non é aconsellable pola perigosidade de dito asento.
  7. Os arneses deben ir sempre ben axustados, se non sería como ir sen protección.
  8. Tanto arneses como os cintos teñen que estar na posición correcta, e dicir, sen dar voltas sobre si mesmos ou encollidos ou estirados de máis. É moi importante no caso do arnes fixarse se esta dobrado sobre si mesmo no enganche.
  9. Se ides viaxar a responsabilidade do S.R.I. é vosa pero lembrade que se ides ir en Taxi se o pedides o chamalo remitiranvos un con S.R.I. adecuado e se alugades un coche o mesmo tempo podes alugar o S.R.I. ou só o S.R.I., así que cun pouco de previsión non hai problema 😉 .

So me queda engadir que deberíamos ser conscientes e durante o embarazo tamén protexer @s nos@s fill@s no ventre materno levando un cinto de seguridade prémama aquí o podedes ver (http://www.pierinobebe.com/es/complementos-viaje/278-cinturon-c57-seguridad-futura-mama-clippasafe.html ),  existe outro modelo que é de BeSafe e está homologado. Espero habervos axudado e non liado máis. Neste caso non poño foto por dous razóns unha a nosa foi unha decisión polas nosas circunstancias e por non polemizar sobre cal é mellor ou peor.

Saúdos e ata a próxima

Una respuesta a “Sistema de Retención Infantil

Deja un comentario