Agasallos para un/ha Recen Chegad@

É certo que cando alguén cércano a nos ten un bebe (biolóxico ou adoptado) tod@s pensamos en coñecelo e para elo presentámonos cun agasallo, máis pequeno ou grande segunda a cercanía os pais que teñamos. Esta é unha costume cultural a que non teño nada de dicir en si mesma, pero si teño que dicir respecto o que e o cando. Por exemplo se é un bebe biolóxico todo o mundo quere ir o hospital cando nace, pero se a nai é hospitalizada antes por motivos diversos non sei vai por se se molesta, a cousa é graciosa porque cando estas “soa” abúrreste como unha mona, mentres que cando estas có bebe estas morta do cansazo e unha cousa normal e que vaia a familia máis cércana (eu no meu caso non teño nada que dicir), pero non unha romaría, hai tempo e tempo, de feito eu prefiro deixar pasar o un mes e logo consensuar cós pais.

Sen dubida respecto os agasallos o máis acertado é preguntarlle os pais que precisan ou desexan. Pero claro os pais non sempre nos expresamos neste sendo, así que haberá que darlle a cabeza; así que aquí vos deixo o meu top 10:

1. Se o agasallo dáselle no terceiro trimestre sen dubida o mellor e agasallar cun “Marido”, e non pensedes mal refírome a un coxín de lactancia dos tipo anélido, eu durmín con el dende que mo regalaron ata case os tres meses da nena e axudoume moitísimo. Foise da cama cando Dani díxome : “ou el ou eu, os catro non entramos na cama”, é certo que Xulia durme apoiando a cabeza en min e os pes en Dani ou viceversa así que ela ocupa o seu ;). Eu aconsello o Coxín de Lactancia THERALINE de 170cm, la de 190 es un pouco armatoste para manexala.

Marido

2. Vales por limpeza ou Comida (ou sexa levarlle algo xa feito) é pouco usual pero todo un puntazo porque o principio sobre todo  acumulase o chollo de mala maneira.

3.  Se o agasallo e durante o embarazo unha opción estupenda tamén é unha pelota de pilates, é marabillosa para as contraccións preparatorias e incluso para as de parto, e cando nace o bebe e moi cómodo para mexer o bebe e logo un xoguete estupendo para o nen@ e unha ferramenta para a nai.

Pelota

5. Bodies, é a roupa que máis empregan e necesitan e ninguén, salvo a miña sogra J, os agasalla, e nunca sobran. Si recomendo que sexan brancos para que non transparenten coa roupiña.

6. Un portabebés ergonómico, a min persoalmente para recen nacidos os que se adaptan mellor os pais novatos e @s recen nacidos. Neste tema hai xente que sabe moito máis que eu, persoalmente recomendo, xa que da moita e boa información: http://mimosytetablog.com/portabebes/ en Vigo en Cascabel pódenvos http://www.cascabelbebe.es/ informar en vivo.

Portabebes

7.  Cueiros: coidado!!! Primeiro informarse que tipo de cueiros van empregar os pais, se desbotables, desbotables ecolóxicos, de tela e de que tipo, aquí xa non especifico porque son todo un universo. Si dicir, que aínda que os pais empreguen cueiros “normais” coidado coas tortas, motos e demais “esculturas” cueiras xa que poden abaratar e non tódolos nenos poden empregar tódalas marcas, aínda que é certo que dodot na maioría dos casos non da problemas e absorbe ben. Onde os poden informar moito e moi ben sobre este tema e en Bebes Naturales, e doado contactar vía facebook, ademais tamén e un negocio local http://www.bebesnaturales.com/, tamén os pode informar sobre portabebes e nos sitios anteriores os podedes informar sobre este cueiros.

8.  Pixamas, estes nunca sobran, de tódolos tipo e tallas

Pixamas

9. Cremas para o bebe; non Nenuco ou derivados nin Mustela ten moita fama pero non son de calidade. A min gústanme marcas como Leti ou A-derma ou Avéne ou Isdin, e para a hixiene diaria un paquete de Maizena a modo de xabón, con tres culleriñas diluídas na auga da bañeira e o máis natural e hipoalerxénico.

10. Calcetíns, parece mentira pero con cada modeliño novo necesita calcetíns ou panties a xogo e claro non teñen básicos nin nada da temporada pasada, por aquilo de que non existían. E a xente agasalla con vestidiños ou conxuntos con como moito chaquetiña pero non calcetín ou panties. Con cores básicos acertarás sempre, branco, beixe, vermello, azul mariño, rosa para nenas e azul celeste para nenos e para nós tamén negro.

Calcetíns

Saúdos e ata a próxima

Anuncios

2 thoughts on “Agasallos para un/ha Recen Chegad@

  1. Sería interesante que @ apoio/compañeor@ da nai durante o embarazo, se esta non ten, lle agasalle unhas Bolas Chinas, despois de dar a luz, para que poida traballar o mellor posible o Chan Pelvico e para outros menesteres 😉 deste xeito axudarase a evitar as perdas de oriños

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s